
The Eskarallas son rebeldía punk, son enerxía e rabia para poñer o mundo do revés. Letras acedas, retranca e ningún medo a liorta directa e honesta. Os seus concertos son auténticas cerimonias punk coas que xa teñen conquistada a toda a península despois de encher salas e non deixar a ninguén indiferente aló por onde pasan.

Zënzar son sinónimo de rock, de calidade, de enxebrismo e de país. Libres, comprometidos e únicos, son unha das bandas galegas fundamentais da historia do noso rock. Agora continúan sachando escenario mentres a súa lenda non deixa nunca de medrar.