logo_mini_main
DEVOLUCION CASHLESS2024

DEVOLUCIÓN IMPORTE RESTANTE

Si che quedou un saldo superior a 0.99€ na túa pulseira podes solicitar nesta páxina a devolución do importe por transferencia bancaria. Introduce a continuación o código alfanumérico de 8 díxitos que se atopa na parte traseira da túa pulseira. A continuación, comprobaremos o saldo e pediremosche os teus datos bancarios para proceder á transferencia no prazo de unhas dúas semanas tras finalizar o período de solicitude das devolucións.

Recordamosche que os importes regalados e promocións non son reembolsables.

PERÍODO DE DEVOLUCIÓNS DENDE:

O DOMINGO 28 ÁS 8:00 ATA O DOMINGO 4 DE AGOSTO ÁS 23:59

AS DEVOLUCIÓNS QUE NON SE SOLICITEN QUEDARÁN PARA A REALIZACIÓN DO VENDAVAL 2025, organizado pola Asociación sen ánimo de lucro «Catro Caños».

Chova ou neve!!!

SOLICÍTAA AQUÍ

 


TECNOLOXÍA CASHLESS 

Esta tecnoloxía permite realizar os pagamentos dentro do recinto do Vendaval Fest a través da túa pulseira, sen uso de diñeiro en efectivo nin outros medios, garantindo unha maior seguridade e sostibilidade no evento.

A pulseira Cashless será o único método de pago de todos os servizos ofertados dentro do Vendaval:

  • Foodtruck
  • Cantina
  • Merchandising
  • Outras zonas de lecer

¿CÓMO CONSIGO A MIÑA PULSEIRA? 

Na Zona Cashless acondicionada para iso na entrada do festival ou antes do evento, a través de Woutick.

Na Zona Cashless cargarase a pulseira co saldo que desexes, podendo realizar o pago a través de diñeiro en efectivo ou tarxeta.

No caso de que adquiriras bonos de recarga previamente a través de woutick.es, deberás presentalos na taquilla para a súa validación e recarga da túa pulseira.


PRE RECARGA ONLINE ANTES DO FESTIVAL

¡Adquire bonos de recarga en liña para a túa pulseira antes do evento para evitar colas!

  • O proceso de precarga xa está dispoñible a través de www.woutick.es.

  • No buscador da páxina de inicio de Woutick, introduce «Vendaval Fest».

-Unha vez feita a compra en liña da túa recarga, recibirás un correo electrónico co asunto «Entradas VENDAVAL FEST». Xunto co correo electrónico, atoparás os bonos de recarga que deberás presentar na taquilla.

  • Cando chegues ao festival, no momento da validación da túa entrada, o importe cargarase directamente no chip da túa pulseira.

  • Unha vez comezado o festival, só poderás recargar a túa pulseira no punto físico de recarga no recinto.

  • Unha vez rematado o evento, poderás solicitar o reembolso do saldo restante.

DURANTE O FESTIVAL 

Dentro do recinto do Vendaval Fest recarga a túa pulseira no punto físico:

  • En efectivo ou con tarxeta.
  • Recarga a túa pulseira tantas veces como precises.
  • Podes consultar o teu saldo na Zona Cashless e en calquera punto de venda. Pídeslle ao noso persoal e amosarante o teu saldo.

RECORDA: Unha vez comezado o festival só poderás recargar a túa pulseira no punto offline habilitado.


UNHA VEZ FINALIZADO O FESTIVAL

Fai a túa petición de devolución en liña para recuperar o diñeiro cargado na túa pulseira e que non consumiches.

  • Debes conservar a túa pulseira para facer a petición de devolución en liña.
  • Só se poderá realizar a petición de devolución de forma en liña.
  • As datas e máis información serán publicadas na nosa páxina web e redes sociais.