ubicacion Gal

Poderíase pensar que nun festival vas a tiro fixo, mercas a túa entrada, méteste no recinto e disfrutas da música en directo durante horas, independentemente de onde te encontres.

Afortunadamente, neste caso non é así. Ademáis dun festival gratuíto, o Vendaval Fest celébrase  nun pobo abraiante, con uns plans alternativos de natureza, rutas, praias, actividades acuáticas, gastronomía e cultura apabullantes. Sentímonos afortunados de poder disfrutar cada día de estas paisaxes e poder respirar polas súas rúas a historia da vila. A praia das Catedrais, unha das más bonitas de toda Europa, a torre dos irmáns Moreno deseñada por un pupilo de Gaudí, e outros tantísimos puntos de interese, que fan da vila un lugar perfecto para perderse e econtrarse a si mesm@. E si Ribadeo non fose suficiente, toda a contorna é por si soa un reclamo turístico.

Poderíamos extendernos con miles de palabras sobre Ribadeo, pero cremos que hai moitísima información ó respecto, e na páxina web de turismo poderás encontrar información, rutas, hostalaría e información variada.

¿E cómo chego ó recinto do festival? A continuación deixamosche un enlace a maps, direccións e imaxes, para que non teñas excusa para chegar tarde.

Na nosa primera edición, ubicaremos o recinto do festival no aparcadoiro público situado en pleno casco urbán de Ribadeo, para que non teñas que utilizar ningún vehículo para chegar dende calquera punto da vila e a zona de acampada, situada a 5 minutos camiñando.

Teremos o recinto da acampada acotado e con plazas limitadas.  Encontrase ó lado da estación de Autobuses de Ribadeo, na rúa Rosalía de Castro, tamén no casco urbán de Ribadeo. Podes facer a túa reserva aquí.

distanciarecinto_acampada