¿Quenes somos?
A resposta a esta pregunta é tan sinxela como cabería de esperar. Un grupo de amigos aos que lles gusta a música, que viviu unha época en Ribadeo na que prácticamente había cada fin de semana música en directo e que por encima de todo entenden esa marabillosa sensación de disfrutar dun concerto ou festival ca túa xente, esmiuzando e espremendo cada nota e momento, deixando ese sabor de boca tan característico e un recordo para sempre.
Pódenos a nostalxia, idealizando unha época mellor para a música, tanto na nosa vila como no panorama mundial. Por suposto que esto é a nosa opinión persoal, respetando calquera estilo de música mentres che remova algo por dentro.
Esta idea non paraba de rondarnos pola cabeza. E mentres disfrutábamos de outros festivais, caíasenos a baba ó imaxinarnos poder conseguir unha pequena sombra do que xa conseguiron os nosos veciños e outros pequenos pobos.
Somos unha organización sen ánimo de lucro, cuxo obxectivo é a continuidade no tempo deste proxecto. Si todo sae ben coa actual edición, se obtemos algún tipo de beneficio, reintegrarase na súa totalidade para o evento do seguinte ano.
Prometemos seguir esforzándonos ó máximo por conseguer o mellor festival posible para Ribadeo. Crear esto de cero, ver como se fai realidade xa é un orgullo para todos e cada un de nós.
Esperamos vervos no festi! Let’s Rock!