




















Sabes cando escoitas unha canción que te transporta a un momento? Sabes cando tan só por un riff de guitarra volves a cabeza? Sabes cando te quedarías afónico por repetir un estribillo unha e outra vez? Que vamos a presentar de este grupo, se son historia viva do Rock, con unha marea de seguidores fieis, que desfan as gorxas mentres gritan non quero nada de ti!!!
Os grandisimos Heredeiros da Crus por fin en Ribadeo, que fan que se marque definitivamente esta data no calendario.
Festival de balde con un cartel dun nivel que te obliga a vir.
Estate atento as próximas novas que esto non acaba aquí.

Traer aos Guns N’ Roses na nosa primeira edición quizáis era apuntar un pouco alto pero, e se traemos á mellor banda tributo de toda Europa con xira a nivel nacional? E esto non o afirmamos nós, senon o propio batería do grupo norteamericano.
Os Gansos Rosas teñen un directo salvaxe, un son excepcional, experiencia dilatada e unha enerxía que xa quixeran os orixinais a día de hoxe.
Enchen salas en toda España e a xente repite porque son alma e esencia dos máis grandes. Esto xa cheira a puto rock n’ roll.
O 22 de Xullo retumbarán en Ribadeo.

Fusión e mestizaxe de rock, folk e ska, con toques balcánicos e asturianos. Da igual como se autodefinan, xa que La Tarrancha ten un directo descomunal, que non te vai deixar indiferente. Reconocido nos premios AMAS como o mellor directo de todo Asturias.
Potencia e enerxía que encherá a esgalla o noso escenario, poñendo o listón aínda máis alto na nosa primeira edición, facéndoche mover o cu e que che quede gravado ao lume este festival e a súa actuación.

Primeira edición. Moita ilusión, traballo e amor pola música. Por eso, non podíamos inaugurar a presentación de bandas sen eles. Banda local, representante de tantos grupos do noso pobo. Unha larga traxectoria avala a súa presencia no festival. Medramos escoitándoos, influenciáronos e é unha honra para esta organización contar co seu apoio e enerxía.
🗓️O 22 de xullo de 2023 van demostrarnos que en Ribadeo séguese a escoitar e tocar a un gran nivel.

Ritmo Vudú é sinónimo de actitude. É un grupo de tres compoñentes pero parecen dez, cunhas ganas que enchen todo o escenario. Letras cargadas de sarcasmo e diversión, sácanche un sorriso e fanche disfrutar do seu concerto con algún deixe punk de comezo a fin.
Acaban de sacar disco este ano e están reventando as salas por Asturias. Veñen ao noso festival cunhas ganas desmesuradas de que os recordes.
Amigos e grandes músicos, estamos moi agradecidos e ilusionados de que estean na nosa primeira edición, de verdade que non os podes perder.

Para quen non sepa nada da Duendeneta, é unha furgoneta que arrasa por onde aparca, cunha estética retro e “vintage”que incluso pechada chama a atención. Coñecida por todo o norte, que non hai ningunha opción mellor e tiñamos claro dende o primeiro momento que a necesitábamos 🥳.
O día do festival, a mediodía, situarase en varios puntos de Ribadeo para que o vermú comece a quentarche o pico. Acompañaranos na apertura de portas ata que o primeiro grupo rasgue as cordas e comece a música en directo. Entre cambio de grupos non te vas aburrir, xa que non vai deixar nin un só compás de silencio🕺🏻🎶.
Todo se acaba, pero non ten por qué ser cedo. A furgalla favorita fará que ó día seguinte che coste levantarte un pouquiño máis. Pero crenos que vas querer facelo, porque temos máis munición.