

DEVOLUCIÓN IMPORTE RESTANTE
Si che quedou un saldo superior a 0.99€ na túa pulseira podes solicitar nesta páxina a devolución do importe por transferencia bancaria. Introduce a continuación o código alfanumérico de 8 díxitos que se atopa na parte traseira da túa pulseira. A continuación, comprobaremos o saldo e pediremosche os teus datos bancarios para proceder á transferencia no prazo de unhas dúas semanas tras finalizar o período de solicitude das devolucións.
Recordamosche que os importes regalados e promocións non son reembolsables.
Tes ata o 30/07/23 ás 23:59 para solicitar a devolución.
TECNOLOXÍA CASHLESS
Esta tecnoloxía permite realizar os pagamentos dentro do recinto do Vendaval Fest a través da túa pulseira, sen uso de diñeiro en efectivo nin outros medios, garantindo unha maior seguridade e sostibilidade no evento.
A pulseira Cashless será o único método de pago de todos os servizos ofertados dentro do Vendaval:
- Foodtruck
- Cantina
- Merchandising
- Outras zonas de lecer
¿CÓMO CONSIGO A MIÑA PULSEIRA?
Na Zona Cashless acondicionada para iso na entrada do festival ou antes do evento, a través de Woutick.
Na Zona Cashless cargarase a pulseira co saldo que desexes, podendo realizar o pago a través de diñeiro en efectivo ou tarxeta.
No caso de que adquiriras bonos de recarga previamente a través de woutick.es, deberás presentalos na taquilla para a súa validación e recarga da túa pulseira.
PRE RECARGA ONLINE ANTES DO FESTIVAL
¡Adquire bonos de recarga en liña para a túa pulseira antes do evento para evitar colas!
-
O proceso de precarga xa está dispoñible a través de www.woutick.es.
-
No buscador da páxina de inicio de Woutick, introduce «Vendaval Fest».
-Unha vez feita a compra en liña da túa recarga, recibirás un correo electrónico co asunto «Entradas VENDAVAL FEST». Xunto co correo electrónico, atoparás os bonos de recarga que deberás presentar na taquilla.
-
Cando chegues ao festival, no momento da validación da túa entrada, o importe cargarase directamente no chip da túa pulseira.
-
Unha vez comezado o festival, só poderás recargar a túa pulseira no punto físico de recarga no recinto.
-
Unha vez rematado o evento, poderás solicitar o reembolso do saldo restante.
DURANTE O FESTIVAL
Dentro do recinto do Vendaval Fest recarga a túa pulseira no punto físico:
- En efectivo ou con tarxeta.
- Recarga a túa pulseira tantas veces como precises.
- Podes consultar o teu saldo na Zona Cashless e en calquera punto de venda. Pídeslle ao noso persoal e amosarante o teu saldo.
RECORDA: Unha vez comezado o festival só poderás recargar a túa pulseira no punto offline habilitado.
UNHA VEZ FINALIZADO O FESTIVAL
Fai a túa petición de devolución en liña para recuperar o diñeiro cargado na túa pulseira e que non consumiches.
- Debes conservar a túa pulseira para facer a petición de devolución en liña.
- Só se poderá realizar a petición de devolución de forma en liña.
- As datas e máis información serán publicadas na nosa páxina web e redes sociais.